O Goberno non encargará o AOR a Navantia
Publicado o 06/05/2020 16:22
O Goberno non ten previsto encargarlle a Navantia a construción do buque AOR que reclamaban os traballadores de Ferrol. É a resposta do ministerio de Defensa a unha pregunta do Partido Popular.
O ministerio traslada que a Armada ten cubertas as necesidades deste tipo de barcos ata o 2024. Os traballadores de Navantia véñense mobilizando precisamente para reclamar a construción deste buque. Queren evitar que despois do verán o estaleiro de Ferrol quede sen carga de traballo.