CRTVG

Buscar

O Goberno non descarta volver ao estado de alarma se se agravan os rebrotes

Publicado o 23/06/2020 11:16

Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno, dixo esta maña que se os brotes de coronavirus que se están dando en varias provincias de España se agravan, o executivo pensaría en volver ao estado de alarma.

"Oxalá non o teñamos que facer, pero seremos contundentes para protexer a saúde. Chegado o momento, o Goberno volverá dar sinais de responsabilidade", dixo Carmen Calvo nunha entrevista esta mañá e Antena 3.

Noticias web

23/06/2020