CRTVG

Buscar

O Goberno negociará coa gran distribución os problemas de prezos no agro

Publicado o 04/02/2020 19:29

 O Goberno convoca aos distribuidores de alimentos na busca dunha solución aos baixos prezos que cobran os agricultores e gandeiros. E anuncia unha reforma da lei de Cadea Alientaria para impedir as vendas a perdas.

 O sector mantén as mobilizacións que hoxe reuniron milleiros de agricultores en Castela A Mancha.

Os tractores avanzan cara a Toledo. É unha das moitas protestas que fan estes días os agricultores e gandeiros cunha reclamación clara.

"Queremos unha negociación e un prezo xusto para os nosos produtos. A nós increméntanos os custos cada ano e temos prezos de hai 30 anos e moitos sectores"

Din estar fartos de venderlle á industria e os supermercados por baixo do custe de producción. Na busca de solucións o Ministerio de Agricultura reuniuse coas asociacións agrarias. Convocou tamén a produtores e por primeira vez aos distribuidores.

"Estou convencido de que a distribución será sensible ao problema porque a evolución do pensamento da opinión pública o é", di o ministro Luis Planas.

 

Noticias web

04/02/2020