CRTVG

Buscar

O goberno navarro pedirá a declaración de zona catastrófica

Publicado o 10/07/2019 16:59

Desde o aire, os danos causados pola enchente do río Cidacos podense apreciar na súa verdadeira magnitude. As localidades de Tafalla, Olite e Pueyo, cubertas cun manto pardo, o das toneladas de terra arrastrada pola forza do río.

Dous días depois da riada, os veciños e as brigadas municipais continúan retirando a lama e os obxectos estragados pola auga, que se acumulan nas rúas. Voluntarios chegados desde distintos puntos de Navarra están axudando nos traballo de limpeza.

O Goberno Foral, en funcións, solicitará formalmente este xoves a declaración de zona catástrófica para toda a comarca, situada a 35 quilómetros ao sur de Pamplona.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019