CRTVG

Buscar

O Goberno mobiliza todos os medios dispoñibles fronte ao temporal de neve

Publicado o 07/01/2021 09:20

Para facerlle fronte a Filomena, este temporal de frío e neve, o Ministerio de Transportes despregou todos os medios dos que dispón. Son máis de 1.200 equipos quitaneves e máis de 200.000 toneladas de sal.

Desde o Ministerio fan un chamamento á prudencia e a extremar as precaucións ao circular por estrada. Pero este departamento tamén reforzou as medidas de prevención fronte ao temporal nos aeroportos de Aena e nas infraestruturas ferroviarias.

Noticias web

07/01/2021