CRTVG

Buscar

O Goberno luso anuncia unha baixada das peaxes a partir de xullo

Publicado o 23/06/2021 08:31
O Goberno luso anuncia unha baixada das peaxes a partir de xullo

Viaxar por Portugal será máis barato. O Goberno luso anunciou unha rebaixa das peaxes a partir do un de xullo. Redúcense á metade en case todas as vías. E o desconto chega ao 75 % no caso dos vehículos eléctricos e non contaminantes. Esta é a terceira vez que o Goberno luso baixa o prezo das peaxes nos últimos anos.

Noticias web

23/06/2021