CRTVG

Buscar

O goberno local de Vigo terá 10 dedicacións exclusivas, unha o PP e o grupo mixto unha parcial

Publicado o 28/06/2019 18:24
O goberno local de Vigo terá 10 dedicacións exclusivas, unha o PP e o grupo mixto unha parcial

O goberno municipal de Vigo, encabezado polo socialista Abel Caballero, e formado por 20 dos 27 edís posibles, contará con 10 dedicacións exclusivas e unha dedicación parcial (de 26 horas semanais), mentres que o PP terá unha exclusiva e o grupo mixto (formado polos dous concelleiros de Marea) terá unha asignación parcial. Esta é a proposta trasladada este venres na reunión da xunta de portavoces polo portavoz do goberno local, Carlos López Font, e que será aprobada no pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro luns ás 9,00 horas. No pleno, ademais da repartición de dedicacións exclusivas, darase conta da configuración dos grupos municipais e os seus portavoces: o do PSOE (20 representantes), o do PP (4 edís) e o grupo mixto (cos edís de Marea de Vigo), así como a designación de Xabier Pérez Igrexas, do BNG, como concelleiro non adscrito. Na orde do día tamén figuran as propostas da Alcaldía para a dotación económica dos grupos municipais e do concelleiro non adscrito. Así, prevese que os grupos teñan unha dotación fixa trimestral de 1.500 euros, que se complementa con achegas adicionais en función do número de concelleiros. Tamén se dará conta da delegación de competencias dos edís do goberno municipal, e propoñerase aos representantes de cada grupo noutros organismos, como a Xerencia de Urbanismo ou o padroado do Museo Quiñones de León.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019