CRTVG

Buscar

O Goberno limita a publicidade dos xogos de azar durante o estado de alarma

Publicado o 01/04/2020 18:12

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, asegurou que se detectou desde que se declarou o estado de alarma un incremento do consumo dos xogos de azar e apostas en liña, e por iso este martes o Consello de Ministros decidiu que se limite a súa publicidade. Así o sostivo Garzón na conferencia de prensa telemática que diariamente ofrece o ministro de Sanidade, Salvador Illa, con outros representantes do Goberno. Neste caso, o titular de Consumo referiuse ás medidas acordadas este martes polo Consello de Ministros sobre o xogo. E o que detectou Consumo nestes días é que ao non haber competicións deportivas, e como as apostas que están moi vinculadas a este tipo de eventos, estas reducíronse "dunha maneira extraordinaria,".

Con todo, subiu o consumo doutro tipo de xogos como o casino, o póker ou desa natureza, un tipo de xogo que se realiza a través de dispositivos persoais nas vivendas e que, segundo o ministro, co confinamento é "unha situación explosiva que pode derivar nun problema patolóxico para determinados grupos sociais". Por iso, para preservar a saúde pública, o Goberno decidiu prohibir durante o estado de alarma a publicidade do xogo en calquera soporte publicitario coa excepción da franxa horaria da unha da madrugada ás cinco en televisión. No resto de soportes a prohibición é na totalidade do día. 

Noticias web

01/04/2020