CRTVG

Buscar

O Goberno italiano alongará o confinamento ata o 4 de maio

Publicado o 10/04/2020 09:51

Italia supera os 18.000 mortos por coronavirus tras sumar no último reconto 610 vítimas. A cifra de contaxios tamén volveu medrar, ata situarse en preto de 144.000. O dato positivo é que seguen diminuindo o número de persoas hospitalizadas e os que están na UCI.

Malia que as cifras parecen confirmar a tendencia de contención da propagación, o Goberno italiano presentará hoxe un novo decreto que prorrogará o confinamento ata o 4 de maio, aínda que incluirá reaperturas progresivas dalgunhas actividades e negocios, como as librerías, a partir do 14 de abril. E despois do 4 de maio, se a situación mellora, poderían relaxarse as restricións de movementos para os cidadáns, con limitacións para as persoas maiores e grupos de risco.

Noticias web

10/04/2020