CRTVG

Buscar

O Goberno irlandés someterá a referendo a lei que prohibe a blasfemia no país

Publicado o 13/06/2018 21:00

Referendo para eliminar unha lei que prohibe a blasfemia e castiga con multas as ofensas contra calquera relixión. Falamos de Irlanda. O Goberno confirmou hoxe que celebrará en outubro unha votación para saber se o pobo quere eliminar, ou non, esta norma. O referendo podería celebrarse o mesmo día que as eleccións presidenciais, previstas tamén para ese mes. Irlanda busca seguir mellorando a súa reputación internacional, neste caso tirando abaixo unha lei, para moitos, anacrónica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018