CRTVG

Buscar

O PSOE invita a Unidas Podemos a negociar xa o acordo programático

Publicado o 13/08/2019 18:45

Sobre a investidura, o Partido Socialista ofrécese a negociar mañá mesmo con Unidas Podemos sempre e cando sexa para falar dun acordo programático e non da entrada no goberno. De momento, a formación morada non respondeu. Si falou o Partido Popular: estarían dispostos a permitir a formación de goberno se o PSOE propójn outro candidato. 

Pablo Echenique pídelle ao PSOE desde twitter menos comparecencias dos ministros ante os medios e sentar xa a negociar un acordo integral. A ministra de Facenda en funcións acepta, pero unha vez Unidas Podemos renuncie á coalición.

María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións, di que  "nós o que propomos é sentarnos para falar dun acordo programático esta tarde ou mañá se queren. A nosa pretensión e sentar o antes posible. Pero terá que ser Unidas Podemos a que acepte sentar a falar das políticas das persoas e a partir de aí comprometer o apoio para a investidura ou para toda a lexislatura"

Co pano de fondo da investidura en Madrid, o PP ponse como exemplo de como se forxan acordos. E reitera a súa fórmula para facelo tamén en España.

Teodoro García Egea, secretario xeral do PP, di que "o señor Pedro Sánchez podería abrir as posibilidades para desbloquear esta situación e pensar en apoiar un goberno no que o bloque dos constitucionalistas propuxese un candidato que non fose Pedro Sánchez".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019