O Goberno investigará as eléctricas que incrementen as tarifas
As eléctricas dan un golpe na mesa ante as medidas do Goberno para rebaixar o factura da luz que lles recortan os beneficios. Comezaron a comunicar por carta a algúns clientes que lles subirán as tarifas. Argumentan que os impostos do executivo fan inviables as ofertas pactadas con anterioridade e a propia supervivencia do sector eléctrico. O Goberno admite preocupación por eses avisos, que non ven xustificados.
Algunhas eléctricas anunciaron ademais que paralizan os seus proxectos de enerxías renovables ante as novas condicións. Hoxe o prezo da luz iguala o máximo histórico de onte, pero con picos pola noite que superarán os 220 euros no mercado grosista. Esta escalada disparou a inflación a niveis de hai trece anos. A cesta da compra xa é un 4 % máis cara que hai un ano.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ultima tamén os seus expedientes por subas inxustificadas no recibo da luz aproveitando as novas tarifas horarias.
Toda a nova regulación eléctrica pode rematar nos tribunais. As compañías estudan xa posibles recursos.