O Goberno investiga a Naturgy e Iberdrola polo baleirado de 4 encoros galegos
• Belesar, Salas, Portas e Cenza, entre o 13 e o 30 % da súa capacidade
• Haberá sancións se se confirma que o fixeron para producir máis barato, coincidindo cos récords históricos do prezo da electricidade
Co prezo da luz en máximos, en varios puntos de España viron como os encoros baixaban de nivel de forma repentina. A sospeita é que as compañías están soltando masivamente auga. Así producen moito do xeito máis barato e cóbrano igual a prezo de gas, o prezo máximo.
O Goberno abriu expedientes informativos para investigar a situación de catro encoros galegos, os de Belesar, Salas, Portas e Cenza, segundo confirman fontes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Están entre o 13 e o 30 por cento. "Podería dar lugar a un expediente sancionador en caso de incumprimento das condicións", afirman.
Os encoros estan baixo a xestión de Naturgy e Iberdrola. Dende a confederación hidrográfica manifestaron que detectaron un turbinaxe excesivo en pouco tempo para aumentar a produciron hidroeléctrica e vendela no mercado almacenista, onde esta rexistrando prezos históricos estes días. Unha das compañias investigadas, Naturgy, presentou a finais do ano pasado unha reclamancion contra a confederación hidrogáfica galega unha compensación de 17 millóns de euros pola redución da súa produción.
As compañías negan ilegalidades, din que cumpren as normas de explotación pero os expertos piden un maior control das autoridades e lembran que está en risco o ecosistema
Estes expedientes súmanse a outros como o aberto para investigar o baleirado do encoro de Ricobayo, que viu reducida a súa cota nas últimas semanas ata situarse en pouco máis dun 10 % da súa capacidade e do que Iberdrola é a empresa concesionaria do título para o seu aproveitamento hidroeléctrico, cuxa vixencia expira en 2039. Este último anunciouno o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, durante a súa visita a Zamora, onde mantivo unha reunión cos alcaldes dos municipios afectados, na que tamén participou o delegado do executivo en Castela e León, Javier Izquierdo.
Morán recoñeceu que os municipios encabezan "unha reivindicación xusta" e mostrouse partidario de comprobar se houbo "mala praxe" na actuación de Iberdrola, a titular da concesión. "A postura dos alcaldes define o sentimento de agravio dos veciños afectados", indicou o secretario de Estado, que apuntou que o Goberno "seguiu a evolución do caso desde o minuto uno". Nese sentido, Hugo Morán explicou que, "se se constata" a citada mala praxe por parte de Iberdrola, "poñerase en marcha o mecanismo sancionador".
Ese é o compromiso adquirido polo responsable gobernamental, que apuntou que esta situación non se dá exclusivamente no encoro de Ricobayo e que aludiu tamén a "distintos problemas noutras zonas".
No eido político, o Goberno comprométese a negociar con Europa fórmulas que baixen o prezo da luz. E en Podemos non ven máis solución que a creación dunha empresa pública
O prezo da luz dará un respiro mañá sábado cunha caída dun 6%.