CRTVG

Buscar

O Goberno inicia o proceso xudicial contra Murcia polo 'veto parental'

Publicado o 18/02/2020 16:34
O Goberno inicia o proceso xudicial contra Murcia polo 'veto parental'

O Goberno interpuxo este martes un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Murcia contra a resolución da Consellería da devandita comunidade sobre o 'pin parental' ou permiso dos pais para que os seus fillos asistan a actividades escolares complementarias.

Informárono a Efe fontes do Ministerio de Educación, que engadiron que se solicitou "con carácter de urxencia" a adopción de medida cautelar consistente na suspensión das instrucións recorridas sobre o devandito permiso.

O recurso preséntase despois de que Murcia non respondera ao requirimento enviado o pasado 17 de xaneiro polo departamento dirixido por Isabel Celaá para que retirase o permiso parental. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí