CRTVG

Buscar

O Goberno impulsa un grupo de traballo para avanzar no control do xabaril

Publicado o 12/03/2019 15:52

A conferencia sectorial de Agricultura pasa revista aos plans municipais de prevención de incendios. Un encontro en que a Xunta presentou o convenio coa FEGAMP para establecer franxas de seguridade nos núcleos de poboación. Debateron sobre outro tema que preocupa moito en Galicia: ter. unha resposta común á superpoboación de xabaril.

Sobre a mesa unha estratexia nacional de control do xabaril. O Goberno impulsa un grupo de traballo para estudar avances e liñas de actuación. A Xunta expresa a fonda preocupación polos efectos da superpoboación de xabarís. 

Xosé González, conselleiro do Medio Rural: "Tanto no que se refire aos cultivos, como ao que se refire á posible propagación de enfermidades e tamén polos accidentes de tráfico".

O conselleiro tamén explicou na Conferencia Sectorial a colaboración da Xunta coa Federación Galega de Municipios na prevención de incendios.

Xosé González, conselleiro do Medio Rural: "En Galicia estamos a desenvolver un sistema pioneiro de xestión da biomasa nas franxas ao redor dos núcleos de poboación, un convenio coa FEGAMP, en que xa están adheridos 177 concellos de Galicia".

Isto facilitará o deseño dos plans municipais de prevención e extinción de incendios. A Xunta colabora cos concellos no deseño das faixas de seguridade e nos trámites administrativos para a limpeza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019