O Goberno galego vai destinar 73 millóns de euros ao plan de atención a persoas sen fogar
O presidente tamén avanzou o plan da Xunta de atención ás persoas sen fogar. O Goberno galego vai destinar 73 millóns de euros nos próximos cinco anos para mellorar a situación deste colectivo.
Un 40% máis de orzamento que o anterior. 73 millóns para o plan de atención a persoas sen fogar O plan ten máis dun cento de medidas para atender desde todos os eidos as necesidades das 1.900 persoas sen fogar que hai en Galicia segundo o último censo, tanto as que viven na rúa como as usuarias de albergues ou que residen en en infravivendas.
A Xunta destaca que é a primeira vez que Galicia conta cun plan destas características. Entre as iniciativas que van executar está multiplicar por catro as prazas en centros de inclusión, poñer a disposición do colectivo cen vivendas novas para facilitar a súa inserción social, entre as que estarían as casas de mestres ou outros oficios rehabilitadas. No tocante á saúde, unha das medidas é garantir que todos os que estean empadroados en Galicia teñan tarxeta do Sergas.