O Goberno galego segue defendendo a continuidade de ENCE en Lourizán
Publicado o 16/10/2021 14:40
Para o Goberno da Xunta e tamén para a empresa só cabe a continuidade de Ence nestes terreos de Lourizán e por iso seguirán traballando nesa alternativa co obxectivo de manter todos os postos de traballo.
Esa opción pasa por adscribir os terreos da fábrica ao porto de Marín mudando a condición xurídica e urbanística da fábrica. Opción que onte desbotou o secretario de Estado de Medio Ambiente por ser unha vía explorada xa en 2005 polo propio concello que resultou inviable.
Dende a Xunta entenden que ese informe puido quedar sen vixencia e agardan a decisión do consello consultivo de Galicia para determinar se esta alternativa é válida.