CRTVG

Buscar

O Goberno galego pídelle a Teresa Ribera un plan de choque contra a suba da luz

Publicado o 19/10/2021 14:42

O Goberno galego reúnese coa ministra de Transición Ecolóxica pasado mañá para abordar o prezo da luz. Pídenlle a Teresa Ribera que deixe de mirar cara Europa e que se poña a traballar nun plan de choque para garantir a competitividade do tecido produtivo.

Francisco Conde, conselleiro de Economía: "A situación de Megasa, de Alcoa empeza a ser enormemente preocupante desde o punto de vista da competitividade e o Goberno ten medidas que a propia comisión europea lle ten validado para corrixir esa alza de prezos. Por tanto, o plan de choque é imprescindible".



 

Noticias web

19/10/2021