O Goberno galego lamenta os nulos avances nas conexións ferroviarias entre Galicia e o Norte de Portugal
Publicado o 11/10/2020 15:04
A Xunta cre que onte non se lle prestou atención a este asunto no cumio hispanoluso e acusa o Goberno central de desatender as infraestruturas que conectan a eurorrexión. O máis preocupantes, segundo a Xunta, son os prazos para a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto, que non podería completarse antes de 2030.