CRTVG

Buscar

A Xunta consulta a integración da fábrica de Ence ao porto de Marín

Publicado o 11/10/2021 15:46

O Goberno galego dá un paso adiante para manter os postos de traballo en Ence. Elevou ao consello consultivo que os terreos onde se sitúa a fábrica se integren no Porto de Marín. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que esta solución, que apoian os traballadores, permite manter o emprego na planta de Lourizán.

 

Noticias web

11/10/2021