CRTVG

Buscar

O Goberno galego asegura que a ministra de Industria cometeu un erro ao vetalos na xuntanza mantida con Alcoa

Publicado o 07/08/2019 21:06

O conselleiro de Industria asegurou esta tarde na Coruña que a ministra de Industria cometeu un erro ao vetar o Goberno galego na xuntanza que mantivo cos traballadores. A Xunta pídelle ao Goberno en funcións que recupere a normalidade institucional.

Francisco Conde, conselleiro de Economía: "Todos temos dereito a equivocarnos, a ministra equivocouse e o que esperamos é que o Goberno reacciones e sobre todo teña un comportamento de normalidade institucional e sobre todo cando un membro do Goberno visita Galicia que saiba que a representación ordinaria do propio Goberno a ten o presidente da Xunta de Galicia".


 

Noticias web

07/08/2019