CRTVG

Buscar

O Goberno galego aproba a OPE en sanidade, con 1.314 prazas

Publicado o 14/03/2019 22:05

A oferta pública de emprego para sanidade deste 2019 suma 332 prazas para persoal médico, 567 para diplomados e FP sanitarios e 415 prazas para xestión e servizos. Feijóo lembrou que destinarán ao Sergas as 213 prazas extras das que dispón Galicia na convocatoria deste ano.

O presidente explicou que durante este primeiro semestre irán convocando os exames das categorías con máis demanda de profesionais, como a medicina familiar e a pediatría de Atención Primaria.

Máis de 9 millóns para impulsar a contratación

A Xunta tamén aprobou unha achega de 9,4 millóns de euros para mellorar a formación e impulsar a contratación de 1.100 persoas. Haberá catro programas para atender os colectivos que teñen máis problemas para atopar un emprego: as mulleres, os parados de longa duración, os mozos e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019