CRTVG

Buscar

Golpe ao sector turístico logo de que Francia recomende non viaxar a España

Publicado o 08/07/2021 15:19

O Goberno francés desaconsella aos seus cidadáns que reserven vacacións en España e Portugal polo aumento de contaxios nestes dous países. Estes son dous dos principais detstinos turísticos, e o Executivo estuda aplicar medidas de restrición ás viaxes.

"Os que aínda non reservaron, eviten Portugal e España nos seus destinos", sinalou este xoves na televisión France 2 o secretario de Estado de Asuntos Europeos Clément Beaune, que afirmou: "É un consello de prudencia, unha recomendación na que insisto".

Beaune xustificouno porque a situación nestes dous países é "particularmente preocupante" e matizou que "nos vindeiros días podería haber un reforzo das medidas" de viaxe.

Rafael Gallego, vicepresidente Confederación Española de Axencias de viaxes, di que este anuncio "chega no peor momento, o mercado francés é o terceiro en importancia".

Cabeceiras da prensa internacional alertan do gran número de contaxios no noso país impulsada pola variante Delta. Titulares que non axudan para nada o sector turístico español inmerso en plena campaña estival. "Tememos polo turismo e polas noticias que se están producindo. A realidade cal é, o índice de hospitalización baixa, a ocupación nas ucis baixa", di Carlos Abella.

Con estes datos o sector turístico pide que se revisen os parámetros para desaconsellar as viaxes. A variante delta xa supón o 11% dos casos de coronavirus en España e é a dominante en alo menos catro comunidades, os expertos alertan.

Desde o Goberno recomendan comezar a intercalar as vacinas dos máis novos co resto de franxas de idade para frear así o avance entre os mozos da covid. Darias pide responsabilidade aos mozos nestes momentos pero que non se lles responsabilice da situación.

Noticias web

08/07/2021