CRTVG

Buscar

O Goberno foi alertado do perigo da covid-19 ata 11 veces antes do estado de alarma

Publicado o 05/10/2020 15:15
O Goberno foi alertado do perigo da covid-19 ata 11 veces antes do estado de alarma

Hoxe transcendeu que o Departamento de Seguridade Nacional alertou o Goberno español da gravidade do coronavirus no mes de xaneiro, e que o fixo en case unha ducia de ocasións antes de que se declarase o estado de alarma. 

Segundo recolle o xornal El Mundo, desde o 27 de xaneiro e ata a declaración do estado de alarma a mediados de marzo, Seguridade Nacional incluíu ata once alertas sobre a enfermidade nos informes que lle facían chegar ao presidente Sánchez e a parte do seu executivo. Naqueles documentos, o coronavirus ocupaba, xa daquela, o primeiro posto das ameazas para España.

Noticias web

05/10/2020