CRTVG

Buscar

O Goberno facilita os permisos de residencia e traballo aos mozos inmigrantes

Publicado o 19/10/2021 15:15

O Consello de Ministros aprobou hoxe unha modificación do Regulamento de Estranxeiría. Con esta reforma, os menores non acompañados ou os mozos inmigrantes que foran tutelados terán máis fácil conseguir o permiso de residencia e tamén o de traballo. O Ministerio de Inclusión calcula que esta medida afectará uns 15.000 rapaces, para que non queden en situación irregular ao acadaren a maioría de idade.

Segundo a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, "con este real decreto vaise facilitar tamén a incorporación destas persoas ao mercado de traballo, para que poidan ter unha vida independente, simplificándolles toda a carga administrativa".

 

Noticias web

19/10/2021