CRTVG

Buscar

O Goberno explica a ausencia do rei en Barcelona por razóns de convivencia

Publicado o 28/09/2020 14:48

O Goberno explica que a inminencia da sentenza sobre Torra e a proximidade do aniversario do 1 de outubro foron algúns dos motivos para evitar a presenza do Rei na entrega de despachos aos novos xuíces en Barcelona.​

O ministro de Xustiza di que intentaron aprazar o acto pero que o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial se negou. E ante iso, xustifican que o tei non asistira para velar pola convivencia.

Nega tensión entre o Goberno e a Casa Real e enmarca no exercicio da liberdade de expresión as críticas dos ministros de Podemos ao monarca por chamar ao presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial. Hoxe sumouse o ministro de Universidades.

O PP ve a Sánchez cómplice desas críticas ao rei.


 

Noticias web

28/09/2020