CRTVG

Buscar

O Goberno evita falar da divión no Poder Xudicial e valora o aval de Delgado

Publicado o 17/01/2020 14:56

Esta mañá o BOE publicaba o reingreso de Dolores Delgado na carreira fiscal. O servizo activo é un dos requisitos esixidos para ser nomeada fiscala xeral do Estado, tal e como propón o Goberno. A súa candidatura xa recibiu o aval do Consello Xeral do Poder Xudicial, aínda que a decisión provocou un tenso debate no órgano reitor dos xuíces: 12 votos a favor e 7 en contra. Aínda así, o Executivo mantén que Delgado é a persoa idónea para o cargo.

Tamén defende o seu nomeamento o ex-presidente Zapatero.

Dende o PP van tentar que sacar adiante unha reforma que impida que os políticos accedan á Fiscalía xeral.

 

Noticias web

17/01/2020