CRTVG

Buscar

O Executivo estudará o impacto da rebaixa do IVE da luz para decidir se a amplia

Publicado o 21/09/2021 20:56

O Goberno estudará ampliar a redución do IVE da luz máis alá de decembro, unha vez que comprobe o impacto que a rebaixa está tendo no recibo da electricidade. Díxoo a ministra de Facenda no Senado en resposta á pregunta do senador do PP que, ademais, acusou a Montero de "insensibilidade" cos consumidores e cos autónomos.

"Non lles dá pudor coa cantidade de familias e de autónomos que o pasan mal que sexa o Goberno o principal beneficiado da subida da electricidade cos impostos que está cobrando e que se nege a garantir que lles baixará o IVE nos próximos exercicios. Paréceme obsceno que o Goberno máis gastador da historia deste país se negue a baixarlles o IVE ás familias e aos autónomos", di Francisco Javier Fragoso, senador do PP:

"Vostedes non teñen ningunha credibilidade para dar clases a este Goberno de como facer posible un recibo da luz razoable. Este Goberno vai seguir exercendo un goberno responsable, unha política que pense na familia, nas pemes e na industria. Deixémonos de demagoxia, póñamonos mans á obra porque en materia de luz, como en moitas outras, o PP nada de nada", afirma María Jesús Montero, ministra de Facenda.

Noticias web

21/09/2021