CRTVG

Buscar

O Goberno estuda unha lei que subiría os impostos das herdanzas en vida

Publicado o 05/11/2018 23:33

Se vostede está pensando en transmitir a herdanza en vida aos fillos, fágao canto antes. O Goberno central prepara unha lei que, se se aproba, multiplicará os impostos que hai que pagar por estes bens.

A lei de dereito civil de Galicia permite transmitir a herdanza ou unha mellora en vida. Moita xente acóllese a esta fórmula porque ten moitas vantaxes, pero o Goberno central estuda un cambio que subiría os impostos desta fórmula. 

Se vostede mercou hai 30 anos un piso por 40.000 euros, posiblemente agora teña un valor de 140.000. Se o vendese por ese prezo, tería un beneficio de 100.000 euros e tería que pagar os impostos que corresponden a ese beneficio. Pero se llo pasa a un fillo como herdanza en vida, o fillo xa o recibe no seu patrimonio co valor actual que ten o piso. Así que se quere vendelo por 140.000 euros, non tería que pagar imposto porque non tería beneficio. A lei quere cambiar esta situación, xa que vai calcular o beneficio dende o valor de compra primeiro. A nova norma pretende evitar fraudes, pero vai supoñer unha gran suba de impostos.

Así que, se está pensando en pasarlle os bens en vida aos seus herdeiros, os expertos recomendan facelo antes de que se aprobe a nova lei.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2018