CRTVG

Buscar

O Goberno estuda un sistema de pagamento por uso para financiar as autovías

Publicado o 19/10/2021 08:48

Haberá que pagar polo uso das autovías. É unha realidade cada vez máis próxima. Comezou como unha proposta do Ministerio de Transportes condicionada ao consenso, despois incluírona no plan enviado a Bruxelas a cambio dos fondos de recuperación e agora din que xa non se pode aprazar máis. A Secretaria de Estado de Infraestruturas afirma que os 1.400 millóns que reservan os presupostos para o mantemento destas vías se están sacando doutras partidas nas que serían máis necesarios, como a sanidade.

Por iso propoñen financiar as autovías cun sistema de pagamento por uso, como en Suíza ou Austria. O usuario aboa unha taxa que pode ser anual, mensual ou semanal, e danlle un adhesivo ou dispositivo que pon no vehículo e xa pode circular por todas as autovías. Isabel Pardo de Vera tamén se referiu á "inxustiza" do sistema actual de peaxes nas autoestradas. Di que son desequilibradas entre territorios e xeran profundas fendas de oportunidades. E citou a Galicia como refén da AP-9.

Noticias web

19/10/2021