CRTVG

Buscar

O Goberno estuda subir varios impostos para conseguir ingresos novos

Publicado o 07/10/2020 17:19

Sobe o gasto e, sobre a mesa, está en estudo tamén a suba de varios impostos para conseguir ingresos novos. Estes son algúns deles:

O Goberno baralla subir o imposto da renda para as nóminas que superen os 130.000 euros ao ano. Ingresaría arredor de 500 millóns de euros con esta medida.

Tamén estuda subir ao 21% o IVE da educación e da sanidade privadas. Serían uns 3.500 millóns de euros máis para o Estado, segundo cálculos da autoridade independente de responsabilidade fiscal.

Por último, a suba de dúas taxas, a Google e a Tobin, para a tecnoloxía e as transaccións financeiras, daría uns ingresos extra de máis de 1.800 millóns.

Noticias web

07/10/2020