CRTVG

Buscar

O Goberno estuda gravar a comida lixo cun 21% de IVE

Publicado o 13/02/2020 13:40

Nova batalla contra a comida lixo, responsable, segundo os expertos, da alta taxa de obesidade e enfermidades coronarias. No centro da diana están outras vez as bebidas azucradas. "Pensemos que medio litro dunha bebida refrescante desas que consumimos continuamente ten case 60 gramos de azucre", advirten desde a delegación galega da Sociedade Española de Médicos xerais e de Familia. "Unha soa lata ten case o triplo da cantidade diaria recomendada".

Pero a boa nutrición ten outros inimigos.

"A cantidade de graxas saturadas, sal, azucre e os valores enerxéticos... iso é obrigatorio que veña no etiquetado nutricional", explica Alfonso Diéguez, xefe de Servizo do Instituto Galego de Consumo para Pontevedra e Vigo. Pero esa etiquetaxe ten unha grande eiva: a letra pequena.

Carlos Bastida, da SEMG-Galicia, afirma que o que queren "é que se implante dunha vez unha imaxe máis visible, máis recoñecible para os consumidores". Etiquetas como as que acaban de estrear en México, por exemplo, e que foron eloxiadas por UNICEF e a FAO, a Organización de Nacións Unidas para a alimentación. Oenegués e especialistas en nutrición pídelle ao Ministerio de Consumo que implante, ademais, un código de cores.

Esta guerra á comida lixo, rápida e ultraprocesada, esperta receo na Industria de Alimentación e Bebidas e tamén hai quen di que será un golpe económico aos máis desfavorecidos, que son os seus principais consumidores.

Noticias web

13/02/2020