O Goberno estuda alternativas aos ERTE para os sectores máis afectados pola pandemia
Publicado o 05/11/2020 13:20
O Goberno estuda medidas alternativas aos ERTE para os sectores máis afectados pola pandemia, como hostalería, turismo ou ocio nocturno.
Avanzouno o Ministro de Seguridade Social nun almorzo informativo. Escrivá cifrou en 23.000 millóns de euros o custe dos ERTE dende marzo.
Quedan 600.000 persoas nesa situación e unha parte delas están traballando parcialmente. O 85% dos traballadores que estaban en ERTE xa se incorporaron ao mercado de traballo.