CRTVG

Buscar

O Goberno espera presentar en marzo o plan de 11.000 millóns de axudas aos sectores da hostalería e turismo

Publicado o 25/02/2021 20:51

A vicepresidenta de Asuntos Económicos dá máis detalles do paquete de axudas de 11.000 millóns anunciado este mércores por Pedro Sánchez. Foi durante a súa comparecencia na comisión mixta para a Unión Europea. Nadia Calviño afirmou que espera presentar ese plan en marzo e avanzou que xa están traballando para identificar os destinatarios da axudas  que son, dixo, as empresas dos sectores turístico e hostaleiro que son solventes pero que pola pandemia están sobreendebedadas.

"Estamos traballando co Banco de España e co sector financeiro para realizar un análise da solvencia empresarial preciso. Empezamos a poder ter unha visión de onde poden estar os problemas de sobreendebedamento empresarial e, polo tanto, asegurarnos do mellor uso dos recursos públicos para reforzar as empresas que son fundamentalmente viables", di Nadia Calviño, vicepresidenta de Asuntos Económicos.

 

Noticias web

25/02/2021