CRTVG

Buscar

O Goberno español aposta por aprobar a taxa Google aínda que non haxa acordo na Unión Europea

Publicado o 17/07/2019 11:32

O Goberno español aposta por aprobar a taxa Google aínda que non haxa acordo na Unión Europea. Esta taxa é un imposto ás grandes empresas tecnolóxicas coa que o Executivo español pretende recadar nun ano 1.200 millóns de euros.

A ministra de Economía en funcións asegura que é necesario modernizar o sistema fiscal e adaptalo á realidade do século XXI. Explica que neste momento, o valor engadido non procede dos bens, senón dos datos, e por iso non descarta tomar esta medida en solitario.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019