CRTVG

Buscar

O Goberno envía ao Congreso o primeiro paquete da reforma das pensións

Publicado o 24/08/2021 14:49

Hoxe volveu reunirse o Consello de Ministros despois das vacacións do verán. O acordo principal foi a reforma das pensións, un primeiro paquete, a parte consensuada no Pacto de Toledo e cos axentes sociais. A reforma garante que as pensións subirán segundo a evolución dos prezos do ano anterior. E para aumentar os ingresos, a reforma busca que a xente traballe máis anos, penalizando as prexubilacións e incentivando con ata 12.000 euros por ano aos que traballen despois dos 67.

Agora o Goberno enviará o proxecto ao Congreso para iniciar o debate parlamentario e xa anunciaron que no trámite de emendas ampliarán as medidas. Está por definir a posible baixada das pensións á chamada xeración do 'baby boom', os nacidos entre o 60 e o 75, que anticipaba o propio Escrivá, pero que non comparten nin os axentes sociais nin os socios de Goberno, Unidas Podemos. Iso negociarano en novembro. A reforma ten que quedar aprobada no Congreso antes de que remate o ano.

 

Noticias web

24/08/2021