CRTVG

Buscar

O Goberno envía a Bruxelas o plan orzamentario

Publicado o 15/10/2020 11:22

O Goberno propón subir as pensións e o salario dos funcionarios menos do 1 por cento. O plan orzamentario chega hoxe a Bruxelas, pero non contempla ningún plan de axuste. 

Ademais, hoxe os líderes europeos teñen un cumio clave para evitar un brexit sen acordo. Todo depende agora mesmo do que fagan os británicos, porque as autoridades europeas están a sinalar que non queren un acordo a calquera prezo.

Esta pasada noite houbo unha conversa telefónica entre o primeiro ministro e os presidentes da Comisión e do Consello pero non houbo avances.

 

 

Noticias web

15/10/2020