CRTVG

Buscar

Alcoa recibirá 200 millóns de euros en axudas antes do 30 de xuño

Publicado o 06/05/2019 18:41

Das doce ofertas iniciais interesadas en mercar as fábricas de Alcoa, o Goberno seleccionou cinco coas que traballa man a man para pechar un acordo antes do 30 de xuño. Son empresas que presentaron xa un plan industrial para garantir a actividade e o emprego nas factorías da Coruña e de Avilés. Hai outras catro en reserva, que están en proceso de oferta non vinculante.

O Executivo confirmoulles aos traballadores que nos próximos días empezarán as visitas ás instalacións e fixou para a última semana de maio unha nova xuntanza para informalos dos avances. Tamén lles anunciaron que esta semana se publicará no BOE a primeira convocatoria de axudas por custos de emisións contaminantes, por un valor de 91 millóns de euros. Desde o ministerio confirmáronlles que esa cantidade se ampliará ata os 200 millóns nas próximas semanas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019