CRTVG

Buscar

O Goberno anuncia un acordo cos axentes sociais sobre emprego e 50.000 millóns de apoio ás empresas

Publicado o 02/07/2020 18:18

• O Goberno asina este venres un acordo cos axentes sociais polo emprego sostible | Mobiliza 50.000 millóns de axudas adicionais ás emrpesas

• Sánchez: "Cos datos de hoxe, é evidente que chegamos tarde ao e

O Goberno chegou a un acordo cos axentes sociais con medidas de dinamización económica e polo emprego que asinarán mañá nun acto na Moncloa.

Fontes do Goberno confirmaron que inclúe medidas económicas e para reactivar o emprego neste momento de grave crise causada pola pandemia do coronavirus.

Sánchez anuncia 50.000 millóns adicionais de apoio ás empresas

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou novas inxeccións de fondos públicos ás empresas por un total de 50.000 millóns de euros, e lembrou que a reforma fiscal que fará o Executivo subirá o IRPF nos tramos máis altos e Sociedades ás grandes empresas.

Nunha entrevista en La Sexta, Sánchez dixo tamén que a negociación para sacar adiante o Fondo de recuperación da Unión Europea (UE) co que facer fronte aos efectos do coronavirus, que debe estar aprobado en xullo, "será unha gran batalla" polas resistencias dalgúns dos socios, pero defende que España ten que recibir máis fondos porque foi dos países máis afectados pola pandemia. 40.000 

Dos 50.000 millóns anunciados, 40.000 serán novos avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) que, previsiblemente, aprobará mañá o Consello de Ministros para impulsar o investimento empresarial, avanzarone fontes do Goberno.

Esta nova liña de avais é adicional aos 100.000 millóns do ICO, xa aprobados para que as empresas puidesen facer fronte aos problemas de liquidez xerados pola parada da economía, tras decretarse o estado de alarma para frear a expansión do coronavirus. Pero, a partir de agora, a resposta debe ser "transformadora e non defensiva" e incorporar a dixitalización e a transición ecolóxica, e a eses obxectivos diríxense os 50.000 millóns novos.

Subas dos tramos máis altos do IRPF

Tamén anunciou subas de impostos nos tramos máis altos do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e no de sociedades para as grandes empresas. A reforma fiscal é "inevitable" porque a porcentaxe de ingresos sobre o produto interior bruto (PIB) está en España sete puntos por baixo da media da UE e debe servir para financiar un Estado do benestar "robusto".

Por tanto, haberá aumentos de impostos nos tramos máis altos do IRPF, como figura no acordo de Goberno con Unidas Podemos para as grandes empresas -que pagan menos do 10 % no imposto de sociedades, afirmou- e tamén en impostos ambientais pero non se gravará máis ás pequenas e medianas empresas (pemes).

O presidente eludiu precisar se haberá subidas do imposto sobre o valor engadido (IVE), afirmou que non baixará as pensións e tampouco está en "a previsión do Goberno" o recorte do soldo dos funcionarios.

Ao tempo, o presidente do Goberno quere que os orzamentos xerais do Estado estean aprobados antes de fin de ano: "Gustaríame que fose co maior número de partidos" porque "máis que unha xeometría variable debería haber unha xeometría absoluta, que a unidade sexa unha obrigación para o Goberno e para a oposición", indicou.

ERTE

No punto máis crítico da crise pola pandemia, o Estado protexeu a través dos distintos mecanismos (prestación por cesamento de actividade, ERTE...) máis do 35 % dos ocupados: 1,5 millóns percibiron a prestación por cesamento de actividade e máis de tres millóns acolléronse a expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTE), dos que xa volveroa traballar aproximadamente a metade.

A "gran reforma estrutural" que está a facer o Goberno no mercado de traballo é dar alternativas ao despedimento, como son a prestación por cesamento de actividade dos autónomos e os ERTE, que evitaron destrución de emprego nesta crise, explicou o presidente.