CRTVG

Buscar

O Goberno e os axentes sociais apuran as negociacións dos ERTE

Publicado o 25/06/2020 14:47

O Goberno e os axentes sociais apuran as negociacións para chegar a un acordo na prórroga dos ERTE ata o 30 de setembro. 

Sindicatos e empresarios analizan a última proposta do Goberno que aceptaría o mantemento dos ERTE de forza maior total para as empresas que aínda non volveron á actividade. Tamén recolle a posibilidade de que as empresas que teñan que pechar por un posible novo rebrote poidan acollerse de novo e pagar menos cotizacións.

Se se acepta a proposta, o acordo aprobaríase mañá nun Consello de Ministros extraordinario. 

Noticias web

25/06/2020