CRTVG

Buscar

O Goberno e o PP achegan posturas para renovar o Poder Xudicial

Publicado o 22/02/2021 19:03

O Goberno e o Partido Popular achegan posturas para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial A inminencia dun acordo levou ao presidente deste órgano, Carlos Lesmes, a paralizar os nomeamentos previstos para este xoves, aínda que 8 vogais presentaron un escrito esixindo que se manteñan na orde do día.

Sobre a renovación, o Partido Popular explicou que o PSOE aceptou a súa esixencia de deixar a Unidas Podemos fóra da negociación. Os de Pablo Iglesias négano e o Goberno matiza que o ministro de Xustiza negociará en nome de todo o executivo.

"Téñolle que confirmar que Podemos está á marxe de calquera negociación para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Creo que este é o camiño axeitado para renovar as institucións e fortalecer a súa independencia, deixar á marxe do Poder Xudicial a Podemos, porque o pirómano non pode elixir o bombeiro", di o  secretario xeral do PP, Teodoro García Egea. 

"Xustiza corresponde a un ministro do Partido Socialista e a relación e a negociación lévase como Goberno, e o ministro represéntanos a todo o Goberno", explica José Luis Ábalos. secretario de Organización do PSOE.

"É unha noticia falsa. Estamos afeitos a que o PP propague noticias falsas e a dúbida é se o fai para sabotar a negociación ou porque ten medo de que VOX os acuse de ser a dereitiña covarde", sostén Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso 

Noticias web

22/02/2021