CRTVG

Buscar

O Goberno e as comunidades buscan fórmulas para avanzar na inmunización sen contar coa vacina de Janssen

Publicado o 14/04/2021 17:11

A reunión da Comisión Interterritorial de Sanidade será unha xuntanza en que as autoridades sanitarias españolas analizarán o impacto do atraso da vacina de Janssen na estratexia e no calendario previsto de inmunización. Porque son 5,5 millóns de vacinas as que se agardaban desde hoxe e ata finais de xuño e coas que se pretendía avanzar na inmunización dos maiores de 70 a 79 anos.

Sobre a mesa estará tamén a vacina de AstraZeneca. Hai varias comunidades que piden poder administrala aos menores de 60 anos que voluntariamente queiran este antídoto. 

 

Noticias web

14/04/2021