CRTVG

Buscar

O Goberno e a Xunta pídenlle a Alcoa que amplíe as consultas do ERE ata o 28 de setembro

Publicado o 12/08/2020 13:22

A dirección de Alcoa e os traballadores volverán reunirse mañá tras unha semana coas negociacións rotas. Sobre a mesa, a proposta da Xunta de Galicia e do Goberno central.

Pídenlle á multinacional ampliar ata o 28 de setembro a negociación dun ERE que afectaría máis de medio milleiro de traballadores. Durante esas seis semanas, queren que a compañía manteña a produción, coas cubas acesas, mentres negocia a venda da factoría ao grupo británico Liberty House.

O conselleiro de Industria Francisco Conde apuntou que "agora entramos nun contexto de espera, para que o comité de empresa e a propia Alcoa acorden esa extensión do período de consultas para evitar os despedimentos e traballar nunha venda que se poida producir nas próximas seis semanas".

Noticias web

12/08/2020