O Goberno dos Estados Unidos dá agasallos a quen se vacine
Publicado o 18/05/2021 15:38
Joe Biden, o presidente dos Estados Unidos, quere conseguir que antes do 4 de xullo o 70 por cento da poboación estea vacinado da covid. E para conseguilo anima os cidadáns a acudir ás vacinación a cambio de agasallos.
O Goberno de Estados Unidos quere convencer o 30 % de americanos escépticos respecto á vacina contra a covid. E a mellor forma de facelo é con incentivos. En Nova York, distintos organismos ofrecen donuts, entradas para ver un partido de béisbol, para a ópera e mesmo cigarros de marihuana. Repartíronse máis de 6.000.
En Nova Jersey dan cervexas con chopo e en Ohio sortean un millón de dólares á semana. Unha maneira de compensar a baixada do ritmo de vacinación diario e, en definitiva, de volver á tan ansiada normalidade.