O Goberno dilles aos empresarios que a conxelación do salario mínimo non é unha opción
Publicado o 15/12/2020 20:01
Primeira toma de contacto entre o Goberno e os axentes sociais para traballar sobre o salario mínimo do próximo ano. No Ministerio de Traballo dan por feito que o subirán, o debate é canto.
Tamén defenden a suba os sindicatos, por xustiza e porque cren que incentivará o consumo a economía.
Discrepan os empresarios. Cren que a suba do salario mínimo afectará ao emprego.
O debate continuará nos próximos días. Tamén dentro do Goberno. Unha parte do Executivo non considera prioritario subir agora o salario mínimo.
O luns hai unha nova reunión. A suba tería que aprobarse no último Consello de Ministros do ano.