O Goberno anuncia límites aos baleirados de encoros e Feijóo di que a Xunta só actúa coas competencias que ten
Ademais dos cambios nas poxas eléctricas, a vicepresidenta Teresa Ribera tamén adiantou que o Goberno lle porá límites ao baleirado dos encoros. Nunha entrevista a un medio dixital, Ribera confirmou que o Goberno regulará para que non se fagan eses baleirados.
Este baleirado de encoros afectou catro instalacións en Galicia. No PP cren que non é casual que se producira en plena suba da factura da luz. O BNG fala de rapina das eléctricas, mentres os socialistas din que a Xunta estaba informada do baleirado e reaccionou tarde.
A Xunta abriu un expediente sancionador contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, e tamén contra dúas compañías eléctricas. O Goberno galego di que baleiraron as presas sen pedir autorización á Consellería de Medio Ambiente e que o baleirado afecta a riqueza piscícola de Galicia. Alberto Núñez Feijóo explica que a Xunta só pode actuar no marco das competencias que ten; e que neste caso se limitan á protección dos ríos.