CRTVG

Buscar

O Goberno di que os ERTE se prorrogarán coas mesmas condicións

Publicado o 13/01/2021 14:59

Goberno, sindicatos e patronal seguen negociando a prórroga dos ERTE, un mecanismo en que actualmente seguen 756.000 traballadores. A ministra Yolanda Díaz asegurou que os axentes sociais "se comprometeron a pechar un acordo este venres".

Os ERTE prorrogaríanse nas mesmas condicións que ata agora, tamén coa cláusula que impide os despedimentos durante seis meses. Para a titular de Traballo, "non tería sentido que o noso país dispoña 14.000 millóns de euros, como fixemos, para manter 550.000 empresas no momento máis grave da crise económica e 3,4 millóns de traballadores, para que se poida despedir".

Este é o punto que menos gusta á patronal, pero os sindicatos aseguran que non van ceder. Para Unai Sordo, secretario xeral de CC.OO.,"non pode facer España un gasto de miles de millóns de euros como fixo cos ERTE e non esixir contrapartidas de mantemento de emprego. É de sentido común. Fano así outros países como Alemaña ou Italia". Se chegan a acordo, os ERTE prorrogaríanse ata o 31 de maio.

Noticias web

13/01/2021