CRTVG

Buscar

O Goberno di que o aviso de Bruxelas sobre o déficit non é unha reprimenda

Publicado o 22/10/2019 14:34

O Goberno nega que o aviso de Bruxelas sobre o gasto sexa unha rifa. Di que só constatan unha evidencia: que España precisa un novo presuposto porque o prorrogado non serve para cumprir os obxectivos.

María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións: "O que di é que, evidentemente, con presupostos prorrogados non se pode cumprir cos obxectivos que ten marcados Bruxelas. Que debemos presentar o plan cando teñamos proxecto de presupostos. Non é unha rifa. É unha constatación de que este país precisa presupostos".

Noticias web

22/10/2019