CRTVG

Buscar

O Goberno di que non quere repetir as eleccións, e apura a Podemos para que acepte o Goberno de cooperación

Publicado o 28/06/2019 20:23

A catro días para que se coñeza a data do debate de investidura, os partidos mantéñense firmes nas súas posicións, que cada vez parecen máis afastadas. O PSOE urxe a Pablo Iglesias a negociar, porque din que non queren repetir as eleccións. Unidas Podemos non acepta ultimatos, e segue convencido de que Sánchez aceptará un Goberno con ministros de Podemos.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Estou absolutamente convencido de que Pedro Sánchez non vai cometer a irresponsabilidade de obrigar os españois a votar outra vez por unha obsesión absurda e fóra de época dun goberno de partido único"

O PSOE advirte que non vai ser así, e ínstaos a negociar sobre contidos e non sobre persoas.

Isabel Celáa, portavoz do Goberno en funcións: "Quremos falar de contido, non recibimos aínda resposta sobre o contido. Ten que quedar claro que o Goberno non quere ir a novas eleccións"

A idea de repetir eleccións non convence a ninguén. Tampouco o Partido Popular, malia que cre que gañaría votos.

Javier Maroto, vicesecretario de Organización do PSOE: "se houbese outras eleccións xa ninguén votaría a Ciudadanos nin a Vox. Pero non queremos xogar con esa vantaxe porque queremos de verdade que haxa un Goberno neste país canto antes"

O martes da semana que vén fixarase a data do debate de investidura. O POSE insiste en que só haberá un, e que se Sánchez non sae presidente convocará eleccións.


 

Noticias web

28/06/2019