CRTVG

Buscar

O Goberno di que é Castela-A Mancha a que ten que explicar o desfasamento coa cifra de falecidos

Publicado o 07/04/2020 19:56

Sobre o desfasamento na cifra de falecidos en Castela-A Mancha,  o Goberno cre que debe ser o presidente da comunidade quen o aclare porque son os executivos autonómicos os que recollen os datos. Salvo este desaxuste da Mancha, a portavoz do Goberno, di que non temen que o número de falecidos sexa maior do que se coñece porque, asegura Montero, confían na fiabilidade dos datos dos territorios.

"A calidade dos datos depende das comunidades autónomas e temos unha alta confianza nesta recollida que fan as comunidades autónomas, con independencia de que nun tema en concreto, nun ítem en concreto, nun territorio en concreto, poida producirse algún desfasamento. Sería bo que a propia comunidade autónoma puidese aclaralo para a tranquilidade de todos os cidadáns", di María Jesús Montero, portavoz do Goberno.

 

Noticias web

07/04/2020